Saturday 18 de May de 2024

Os obradoiros de maquillaxe e máscaras de Frades reúnen a medio cento de cativos


Medio cento de nenos e nenas, todos menores de 14 anos, tomaron parte dos obradoiros gratuítos de maquillaxe e máscaras de Entroido organizados polo Concello de Frades. Os pequenos comezaron cun taller de elaboración de antefaces e, logo de pasar por un improvisado “Photocall” no que amosaron as súas creacións, os máis atrevidos participaron nun obradoiro de maquillaxe no que se conseguiron sorprendentes resultados.

Tras os obradoiros, o Concello de Frades ofreceu unha merenda a todos os participantes, no que tamén participaron os seus pais e nais. O alcalde de Frades, Roberto Rey, asistiu á festa de disfraces e agasallou con lambonadas a todos os rapaces e rapazas.